POLÍTICA DE COOKIES
Última actualización: setembro de 2026
1. QUE SON AS COOKIES
Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que un sitio web garda no teu navegador cando o visitas, e que permite recoñecer o equipo e lembrar certa información. Xunto ás cookies existen outras tecnoloxías de almacenamento no navegador, como o almacenamento local, que cumpren funcións parecidas. Nesta política falamos de todas elas.
2. QUE EMPREGA ESTE SITIO
terracalda.org non instala cookies propias. Navegar polas páxinas do sitio non deixa ningunha cookie de Terra Calda no teu equipo.
Empregamos unicamente estes dous elementos técnicos:
a) Almacenamento local para lembrar a túa decisión sobre o aviso de cookies.
Nome: tc_cookies_accepted
Tipo: almacenamento local do navegador, non é unha cookie
Finalidade: lembrar se aceptaches ou rexeitaches o aviso, para non amosarcho de novo en cada visita
Titular: Asociación Cultural Terra Calda
Duración: permanece ata que borres os datos de navegación
Consentimento: ao ser estritamente necesario para prestar o servizo que solicitaches, non require consentimento previo
b) Unha cookie de sesión na zona de administración.
Nome: PHPSESSID
Finalidade: manter iniciada a sesión de quen xestiona os contidos
Titular: Asociación Cultural Terra Calda
Duración: elimínase ao pechar o navegador
Alcance: só se instala ao acceder ao panel de administración. Non se instala ao visitar a web pública
3. COOKIES DE TERCEIROS: VÍDEOS DE YOUTUBE
Algunhas páxinas das seccións Actualidade, Actividades e Proxectos inclúen vídeos aloxados en YouTube, servizo prestado por Google Ireland Limited.
Eses vídeos incrústanse a través do dominio youtube-nocookie.com, o modo de privacidade mellorada de YouTube. Isto significa que, se abres a páxina e non reproduces o vídeo, YouTube non instala ningunha cookie no teu navegador. O que si recibe, por razóns técnicas, é o teu enderezo IP e os datos básicos da conexión, necesarios para servir a imaxe de vista previa e o propio reprodutor.
Se premes o botón de reprodución, Google pode instalar cookies e almacenar información no teu equipo para levar conta da reprodución e das túas preferencias de visualización. Ao premer play estás a prestar o teu consentimento para ese tratamento. Terra Calda non controla esas cookies nin accede á información que recollen: o responsable é Google. Podes consultar as súas condicións en policies.google.com/technologies/cookies e policies.google.com/privacy
Se prefires que non se cargue nada de YouTube, podes configurar o navegador para bloquear as cookies e o contido de terceiros, tal e como se explica no punto 5.
4. SERVIZOS EXTERNOS QUE NON INSTALAN COOKIES
Para amosar as tipografías, as iconas e algunhas funcións visuais, o sitio carga ficheiros aloxados en servidores alleos. Non instalan cookies, pero por razóns técnicas reciben o teu enderezo IP e os datos básicos da conexión:
fonts.googleapis.com e fonts.gstatic.com: tipografías. Google Ireland Limited
cdnjs.cloudflare.com: iconas. Cloudflare, Inc.
cdn.jsdelivr.net: compoñente de carrusel. jsDelivr
orixestudio.com: logotipo do estudio que desenvolve e mantén o sitio
5. COMO XESTIONAR AS COOKIES DESDE O TEU NAVEGADOR
Podes permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo desde a configuración do navegador. Tes as instrucións na axuda de cada un:
Google Chrome: Configuración, Privacidade e seguridade, Cookies e outros datos de sitios
Mozilla Firefox: Preferencias, Privacidade e seguridade, Cookies e datos de sitios
Safari: Preferencias, Privacidade, Xestionar datos de sitios web
Microsoft Edge: Configuración, Cookies e permisos do sitio
Nesa mesma pantalla podes borrar tamén o almacenamento local, co que se eliminaría a preferencia gardada no punto 2.a e o aviso de cookies volvería amosarse.
Ten en conta que bloquear todas as cookies pode impedir que se reproduzan os vídeos incrustados.
6. RETIRAR OU MODIFICAR O CONSENTIMENTO
Podes retirar en calquera momento o consentimento que prestases, coa mesma facilidade coa que o deches, borrando os datos de navegación tal e como se indica no punto anterior. A retirada do consentimento non afecta á licitude do tratamento realizado con anterioridade.
7. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS
Os prestadores mencionados nos puntos 3 e 4 poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo. Google e Cloudflare declaran acollerse ao Marco de Privacidade de Datos entre a Unión Europea e os Estados Unidos, así como ás cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea, como garantías para esas transferencias.
8. RESPONSABLE E DEREITOS
Responsable: Asociación Cultural Terra Calda
CIF: G21742036
Enderezo: Rúa Porto do Río, nº 7, 1º B-C, 36650 Caldas de Reis, Pontevedra
Correo electrónico: aso.terracalda@gmail.com
Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade escribindo ao enderezo de correo indicado. Tamén podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Para máis información sobre o tratamento dos teus datos, consulta a nosa Política de Privacidade.
9. CAMBIOS NESTA POLÍTICA
Esta política pode actualizarse cando cambien as funcionalidades do sitio ou a normativa aplicable. Recomendámosche revisala periodicamente.